Abanqueiro recupera esta “finde” a súa tradicional Romaría de Exipto cun completo programa de actividades

30 Xullo 2024

A parroquia de Abanqueiro recupera esta fin de semana a súa tradicional Romaría de Exipto cun completo programa de actividades organizado pola Comisión de Festas de Exipto e que conta coa colaboración do Concello de Boiro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou esta mañá na presentación da programación xunto con Rita Rodríguez e outros membros da comisión.

O programa de actividades comeza o venres coa subida dos santos da igrexa á capela, un espectáculo infantil e un concerto de Tobogán. O sábado haberá sesión vermú cun grupo local Cachas&Cousins e sardiñada, pola tarde partido de solteiros contra casados e verbena.

O domingo, o propio día da Romaría, haberá misas a cada hora dende as 9 da mañá e misa con procesión ás 13.00 horas; sesión vermú con Bafana Bafana, romaría tradicional, xogos populares pola tarde e actuacións para a verbena. “Dende a comisión estamos moi contentos de retomar a Romaría de Exipto, que levaba varios anos sen celebrarse, e apostar por un formato con moita presenza de actividades culturais”, afirmou Rita Rodríguez.

A concelleira de cultura, María Outeiral, animou a toda a veciñanza a que participe desta cita: “O Concello de Boiro segue apostando e colaborando con todas as comisións de festas que promoven e recuperan as nosas festas tradicionais”.

PROGRAMACIÓN:

Venres 2 de agosto 
20.00h – subida dos santos da Igrexa de Abanqueiro á Capela de Exipto 
21.00h – misa na honra da Virxe de Exipto 
21.15h – espectáculo para todos os públicos: “Máis Saaabor” – Culturactiva
22.30h – concerto de Tobogán 
Sábado 3 de agosto 
11.00h – mercado ecolóxico na contorna da capela de Exipto 
12.00h – misa na honra de San Antonio 
13.00h – sesión vermú amenizada por Cachas&Cousins
13.00h – sardiñada 
19.00h – pachanga Solteiros vs. Casados 
20.00h – verbena con Dúo Charada e Orquestra Estrellamar
01.00h – DJ Mínimo eventos 
03.00h – DL Buenrrollito e Julio Dieste 
Domingo 4 de agosto 
09.00h – misas na honra da Virxe de Exipto (cada hora) 
13.00h – misa na honra da Virxe de Exipto, procesión e grupo de baile de Abanqueiro 
14.00h – sesión vermú con Bafana Bafana
14.15h – pregón 
15.30h – romaría amenizada por Ar de Loureda e Home Orquestra
16.00h – xogos populares 
17.00h – torneo de birlos tradicionais 
19.00h – misa na honra da Virxe de Exipto 
20.30h – peche da romaría con Los Mecánicos e sesión de Curi (Os Fornos) 
Luns 5 de agosto 
20.00h – misa na honra de San Xosé e baixada dos santos

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.