A mostra “Retratos na memoria” achegou un adianto nos Xardíns Valle-Inclán da Pobra

17 Xullo 2024

A mostra Retratos na memoria ofreceu este 17 de xullo, nos Xardíns de Valle-Inclán, un pequeno avance temporal do que se vai poder contemplar en novembro: a exposición do proxecto ao completo, composto por fotografías e pinturas que amosan as facianas das persoas usuarias do Centro de Día da Pobra do Caramiñal. O proxecto xurdiu a finais do ano pasado entre o Centro de Día da localidade e a Concellaría dos Servizos Sociais. Paola González, tralo obxectivo da cámara, e Andrés Bernal, no lenzo, son os artistas encargados de capturar as dezaoito historias de vida.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, declarou que esta actividade é moi gratificante ao unir os ámbitos artístico e social: “Reflicte a través das faccións, da imaxe dunha persoa, a súa propia historia de vida”. Trátase, engadiu, dun programa terapéutico que contribúe á estimulación cognitiva ao formaren parte dun proceso creativo e reforza-la interacción social. Quixo, así mesmo, agradecer a implicación do centro de día e o traballo voluntario dos artistas.

Camelia Tubío, educadora social do dito centro, explicou que se pretende “dar visibilidade ás persoas usuarias que cada día acoden ao centro, ademais de que, a través dunha fotografía ou un lenzo, tamén se pode proxecta-la súa historia de vida”. E a iniciativa tivo moi boa acollida entre familias e persoas usuarias como así se puido constatar a través do testemuño de Ángeles Chaves, para quen esta experiencia resultou enriquecedora e agarda poder repetir en futuras ocasións.

Os retratos aínda están en fase de elaboración e, unha vez remate, no mes de novembro, poderán visitarse na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler en formato de exposición. Andrés Bernal foi quen tomou a palabra por parte dos artistas. Primeiro, tómase a fotografía tendo en conta tódolos factores: plano, luz, pose… E despois é a quenda do bosquexo, manchado de pintura e, pouco a pouco, integrar os detalles. O resultado son cadros e instantáneas que posibilitan ao público aproximarse a rostros, a persoas, cheos de vivencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.