Inauguración da Cátedra Institucional Rosalía de Castro

04 Xullo 2024

Pazo de Fonseca. Santi Alvite

Este venres 5 de xullo terá lugar a partir das 12.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a inauguración da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC, cuxa creación foi aprobada no Consello de Goberno da USC do mércores 11 de outubro. Preside o acto o reitor Antonio López, quen estará acompañado pola secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora da Cátedra, María do Cebreiro Rábade Villar, e o codirector da Cátedra, Fernando Cabo Aseguinolaza.

A Cátedra dedicarase ao estudo académico e crítico da obra e da figura da escritora nas súas múltiples dimensións, buscando reforzar a súa proxección e coñecemento tanto no ámbito galego e peninsular como internacional. A intención de promover achegas sobre a autora dende perspectivas e paradigmas renovadores será unha prioridade, pero sen esquecer a atención a aspectos máis tradicionalmente filolóxicos. A Cátedra é froito dun convenio co Parlamento de Galicia e a Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

No mesmo acto concedéraselle a Insignia de Ouro da USC a Catherine Davies, quen ofrecerá a lección inaugural ‘Rosalía de Castro e Cuba’. Catherine Davies é na actualidade profesora emérita da Universidade de Londres, cargo co que culmina unha longa carreira académica nas universidades de St Andrews, Manchester, Nottingham e Queen Mary. O seu labor investigador céntrase na historia cultural e literaria de España e Hispanoamérica nos séculos XIX e XX. A obra e o contexto socio-ideolóxico de Rosalía de Castro constituíu unha das liñas básicas do seu traballo desde a realización da súa tese de doutoramento, que defendeu na Universidade de Glasgow en 1984.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.