Homenaxe a Méndez Ferrín na Festa da Palabra na insua dos poetas 

20 Xullo 2024

O director xeral de Cultura destaca na celebración no Carballiño a “gran demostración da nosa riqueza cultural e literaria que supón este acto, cun valor engadido como é a contorna natural”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo destacou hoxe na décimo sexta edición da Festa da Palabra, que se celebra na Insua dos Poetas do Carballiño, a “gran demostración da nosa riqueza cultural, lingüística e literaria que supón este encontro xa emblemático no verán galego”. Ademais, engadiu, “a contorna natural dálle un valor engadido a esta cita coa literatura, a arte e a música”.

A Fundación Insua dos Poetas está presidida por Luis González Tosar e organiza durante a xornada un xantar na carballeira e diversas actividades. Este ano homenaxea a figura de Xosé Luis Méndez Ferrín e entrega os seus tradicionais premios á Agrupación Cultural Avantar e á televisión local Badal Novas. Ademais, recoñécese nas artes plásticas a Mercedes Gallego Esperanza; na música a Lucía Pérez; na cultura na emigración a Alberto López Barros e en acción social á Federación Autismo Galicia. 

Completan a programación desta festa a descuberta dunha escultura obra de Alberto Fernández e as actuacións musicais de Os Bregadiers, grupo de Parada do Sil, e da histórica formación ourensá Queixume dos Pinos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...