Transportes lanza campaña para lembrarnos a importancia da alerta temperá nas emerxencias no mar

22 Xuño 2024

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel instou a todos os navegantes que realizan o Camiño a Vela a cumprir a normativa vixente e ter sempre “operativas e accesíbeis as ferramentas necesarias para realizar unha chamada de emerxencia, pois a alerta temperá é clave nunha situación de risco”. A campaña de seguridade náutica de recreo deste verán, que se promocionou este sábado 22 de xuño na travesía Cedeira-A Coruña do Camino a Vela, pon o foco neste aspecto e laza unha mensaxe ao cidadán: “Unha alerta a tempo é o noso mellor salvavidas”.

Como sinalou a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ana Núñez, que participou na travesía
Cedeira- A Coruña, “navegar con seguridade implica ter operativos e a man todos os elementos que faciliten unha chamada de emerxencia, porque canto antes se produza esa chamada, moito máis eficaz será a atención e tamén serán maiores as garantías de éxito”.

Tamén lembrou que “o teléfono móbil converteuse un instrumento indispensábel para facer chamadas de emerxencia, pero no mar, onde a cobertura móbil non está garantida, continúa sendo crucial o uso da radio, sempre a man e coa canle 16 de VHF operativo”.

Co lema Unha alerta a tempo é o teu mellor salvavidas e un vídeo tráxico, que acaba en afogamento, a Dirección Xeral da Mariña Mercante e Salvamento Marítimo, promotores da campaña, pretenden concienciar da importancia da alerta temperá e achegan recomendacións para evitar que unha porcentaxe moi alta das emerxencias se produzan: consultar a previsión meteorolóxica, comprobar que o tanque de combustíbel está cheo e hai de abondo para toda a travesía, dispoñer de chaleques salvavidas para todos os navegantes e revisar todos os elementos de seguridade da embarcación, incluído o motor. Desta forma, prevéñense emerxencias e garántese o goce no mar sen sobresaltos na maioría das ocasións.

O Ministerio engadiu que as campañas de prevención no ámbito marítimo funcionan e “proba diso é que as emerxencias relacionadas coa náutica de recreo atendidas por Salvamento Marítimo, en coordinación coas Capitanías Marítimas, descenderon en 7 puntos no verán de 2023 (48%), con respecto a as cifras de 2022 (55%)”. O verán pasado atendéronse en España un total de 1.778 emerxencias asociadas a actividades náuticas: 1.428 con implicación de embarcacións e recreo e outras 350 con actividades deportivas e recreativas. Víronse afectadas 4.112 persoas.

Na Coruña (CCS e Capitanía Marítima da Coruña) auxiliáronse un total de 44 persoas en emerxencias asociadas a 16 embarcacións de recreo e a 8 persoas relacionadas con outras actividades marítimas de recreo.

A Garda Civil levou a cabo durante todo o 2023 un total de 3.830 inspeccións en embarcacións deportivas e de recreo fronte ás 4.353 que se realizaron durante o ano 2022. O número de inspeccións tamén se reduciu en relación coas motos náuticas, pasando de 3.244 en 2022 a 2.703 en 2023.

Transportes engadiu que “os usuarios están cada vez máis concienciados en termos xerais en canto ao incremento da seguridade na navegación e na prevención de accidentes”.

Ademais, as Capitanías Marítimas da Dirección Xeral da Mariña Mercante resolveron en 2023 un total 1.022 procedementos
sancionadores relativos a infraccións cometidas por embarcacións de recreo e 449 procedementos sancionadores nos que estivo involucrada unha moto náutica.

A campaña xa está presente nas redes sociais e pode visualizarse no Youtube.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...