Saída de vía cunha persoa atrapada na AP-9 á altura do punto quilométrico 82, no Concello de Teo

27 Xuño 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados pasadas as 05:30 horas desta madrugada dunha saída de vía con persoas atrapadas no interior dun vehículo á altura do punto quilométrico 82, ao paso da vía polo concello de Teo.

A saída de vía foi ocasionada pola colisión dun turismo cun único ocupante contra a mediana de formigón anexa á vía. Á chegada dos bombeiros a persoa involucrada xa fora liberada do interior do turismo e estaba a ser atendida polos sanitarios desprazados ao lugar.

O operativo consistiu na desconexión da batería e na comprobación das medidas de seguridade na estrada. Nel participaron tamén a Garda Civil de Tráfico de Santiago e o 061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.