Os Clubs de Lectura do CEIPP Santa María do Castro (Cabo de Cruz) remataron cunha gran festa de irmandade literaria

03 Xuño 2024

Na última semana de maio os Clubs de Lectura do CEIPP Santa María do Castro (Cabo de Cruz, Boiro) puxeron o broche final ao curso escolar cunha actividade conxunta na que participaron a maioría dos integrantes dos 4 clubs literarios do colexio (de narrativa, de cómic, de inglés e de familias). O venres 31 pola tarde xuntáronse un total de 35 rapaces e rapazas e 10 persoas adultas para convivir durante unhas horas no centro, nun ambiente e cun formato de traballo que foi, en palabras do profesorado do CEIPP, “coma unha desas aventuras que aparecen nos libros que as e os participantes estiveron lendo durante todo o curso”.

Todas e todos chegaron a media tarde para comezar compartindo un momento cinematográfico (con flocos de millo incluídos). Ao rematar chegou o momento da cea e a biblioteca pasou de ser un salón de cinema a converterse en restaurante. Segundo a organización desta “gala final”, un dos momentos que máis gozou a rapazada foi o do xogo libre despois de cear; poder xogar ao “pilla-pilla” polo patio do cole, ás agachadas ou ao fútbol mentres anoitecía.

Rematado o tempo de xogo os máis pequenos e as súas familias retiráronse a durmir, mentres que os maiores participaron dunha velada na que se conversou sobre o vivido nos Clubs de Lectura durante todo o ano e sobre a experiencia que estaban a vivir ese día.

Pasada a medianoite chegou o momento de irse a durmir. Toda a rapazada compartiu espazo na aula de psicomotricidade.

Así nos conta o profesorado como transcorreu o resto da experiencia: “A pesar dos nervios pola experiencia e desas ganas de conversar con eses amigos cos que nunca tiveran a oportunidade de compartir unha experiencia parecida, lograron pechar os ollos e descansar durante algunhas horas; e antes das 8 da mañá xa estaban case todos en pé para gozar do almorzo que, con moito agarimo preparou Miguel Mosteiro, da empresa GastroLab Arousa, cunha gran variedade de produtos naturais e saudábeis, seguindo o traballado no Proxecto que se desenvolveu no centro ao longo do presente curso escolar: Gastronomía sostíbel”.

Ás 10:30 deuse por rematada a actividade. Todas as persoas participantes, pequenos e maiores, marcharon moi contentos pola experiencia vivida durante esas horas. As mestras que organizaron a actividade, Sandra, Violeta, e Lucía, fóronse “moi orgullosas” de como se desenvolveu a actividade, e “convencidas” de que para o ano que ven repetirán a experiencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.