O CEIP Santa Irene acolleu unha charla sobre mel da man da produtora sonense Apigal

10 Xuño 2024

O CEIP Santa Irene de Porto do Son celebrou ao grande o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño). Fíxoo da man de Apigal produtora local de mel de montaña, con sede en Queiruga (Porto do Son), cuxos responsábeis ofreceron ao alumnado do CEIP unha charla de interese sobre produción de mel e sobre a importancia das abellas no medio natural, xa que son, de entre todos os insectos e outros seres vivos, os maiores polinizadores. Na cita coa rapazada de cuarto de Primario tamén falaron dos coidados das abellas, da súa alimentación, da maneira de organizarse e do seu modo de vida. Na celebración participaron os concelleiros de Medio Ambiente e Deportes e Xuventude de Porto do Son, Juan José Calo e Carlos Lorenzo.

Apigal iniciou a súa andaina no ano 2014, apostando forte pola calidade do produto na contorna da serra do Barbanza e pola innovación. A idea foi “crear unha empresa sostíbel, unha empresa que ademais de poder vivir do noso traballo no rural contribuíse a mellorar o medio ambiente e axudar ao planeta e a súa biodiversidade”.

Contan con páxina web dende onde comercializan o que producen e cunha propia marca de alimentos sustentábeis “sen ningún conservante e apostando só polo que a natureza nos brinda”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.