Dépor, Real Oviedo, CD Leganés, Unionistas, DéporABANCA e Athletic Club disputarán o Trofeo Teresa Herrera os próximos 9 e 10 de agosto

25 Xuño 2024

O trofeo masculino recupera, con motivo da súa LXXIX edición, o formato cuadrangular que xa tivera no ano 2014

O histórico Trofeo Teresa Herrera disputarase na Coruña os vindeiros días 9 e 10 agosto. O Dépor comparte cartel con outros tres equipos que participan por primeira vez no torneo: Unionistas de Salamanca CF, un equipo de Primera RFEF moi querido polo deportivismo e que vén de completar unha gran tempada; o Real Oviedo, un histórico do fútbol español que este ano estivo a un paso de ascender a Primeira División; e o CD Leganés, campión de liga en Segunda División e, por conseguinte, ascendido á máxima categoría.
As semifinais disputaranse o venres 9 de agosto ás 18:00 horas e ás 20:30 horas.
A XII edición femenina do Trofeo Teresa Herrera a protagonizan o Dépor ABANCA e outro histórico do fútbol feminino nacional, o Athletic Club. As xogadoras deste último gañaron as edicións de 2017 e 2018 nas que se impuxeron pola mínima a As Nosas (1-0). A final será o sábado 10 de agosto ás 18:30 horas.
A xornada a completarán o partido polo terceiro e cuarto postos para os perdedores das semifinais masculinas (16:00 horas) e a final masculina entre os vencedores das ‘semis’ (21:00 horas). A final feminina será as 18.30 horas.
O Mini Teresa Herrera disputarase o sábado 10 de 10.30 a 11.30 horas.
O Dépor é o equipo que máis veces conquistou o Teresa Herrera masculino cun total de 25 trofeos nas vitrinas, por 9 do segundo clasificado, o Real Madrid CF.
En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe tres trofeos, ademais dun conquistado polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.

A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e
o club ao que ten chegado o Goberno de Inés Rey. O trofeo é xa unha das referencias do
fútbol en España durante os meses de verán.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.