Os socialistas defenden no Senado ás mariscadoras e aos maricadores fronte o seu uso político

22 Maio 2024

O senador galego César Mogo defendeu hoxe no Senado a postura dos socialistas “a favor do apoio aos mariscadores e en contra de quen pretenden instrumentalizalos políticamente”. A Cámara alta debateu esta mañá unha iniciativa do BNG redactada o 3 de maio, “previamente a que, o 7 de maio, o Parlamento de Galicia instara por unanimidade á Xunta a asumir as súas responsabilidades” e conceder axudas directas aos mariscadores e ás mariscadoras que sufriron cuantiosos danos pola intensidade das chuvias do pasado outubro, “e que hasta a data só recibiron unhas achegas moi escasas da Administración autonómica”, explicou.


Mogo criticou que o grupo do PP emendou o texto “sen engadir nada novo, pero coa manifesta intención de traspasarlle ao Goberno central unha responsabilidade que é da Xunta, co fin de eludir as súas competencias en materia de axudas e, ao tempo, o mandato do Parlamento galego”.
Por ese motivo, detallou, os socialistas non puideron apoiar “unha mala moción” e decidiron absterse na votación. “A Xunta non se pode substraer á obriga de indemnizar ao colectivo de mariscadores e mariscadoras e tratar de ocultar, así, a neglixencia que a Consellería do Mar cometeu ao non declarar zona catastrófica de emerxencia a área afectada por aqueles temporais”, relatou, para aclarar que ese sería o xeito de que os profesionais puidesen acceder de xeito inmediato a axudas do Goberno central. O resultado é que “non se pode conceder o que a Administración competente non solicitou”.
Por todo iso, César Mogo considera que a moción só representa “un intento de tapar a torpeza do Goberno de Galicia, e por iso se trabuca o Bloque ao aceptar os postulados do PP”. Pola contra, o senador socialista asegurou que “para traballar a prol dos mariscadores e apoialos ante esta situación concreta, e ante a crise máis fonda que supón a caída do consumo, contaron e contan cos socialistas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.