O Museo Valle-Inclán pobrense rememora as estadías do literato en Navarra un século despois

08 Maio 2024

A figura do senlleiro escritor Ramon María del Valle-Inclán, tan estreitamente vinculado á Pobra do Caramiñal, vai ter especial protagonismo estes días fóra da nosa terra, concretamente en Navarra, tal e como anunciamos este 7 de maio dende O Barbanza, informando da axenda que preparan na comunidade foral o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, o Foro Galicia e Valle-Inclán e o Centro Internacional de Prensa de Galicia: unha serie de actos que rememoran os pasos do escritor un século despois das súas viaxes por aquelas terras.

O literato emprendeu estes periplos para se documentar sobre as guerras carlistas para a produción da serie de novelas Los cruzados de la causa, El resplandor de la hoguera e Gerifaltes de antaño; unha presenza que tamén serviu para Sonata de invierno. Agora, máis de cen anos despois, o seu neto e investigador Xaquín del Valle-Inclán Alsina divulga datos clave da influencia destas estadías en terras navarras nos libros do seu antepasado.

E faino a través programa impulsado polos tres referidos entes coa colaboración de administracións navarras.

A axenda comeza neste 7 de maio cunha visita pola tarde ao Museo del Carlismo de Estella e a conferencia Valle-Inclán y su relación con Estella. La trilogía carlista. No mércores 8 farase un itinerario guiado pola cidade e ao Concello Estella-Lizarra, ademais de ao Señorío de Bertiz. Concluirá no xoves 9 cunhas saídas ao teatro Gayarre e ao Diario de Navarra, en Pamplona, e co relatorio e acto literario Valle-Inclán y Navarra, no Nuevo Casino Iruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.