O Galeguímetro de Amicos volve ás rúas con motivo do Día das Letras Galegas

17 Maio 2024

Un ano máis, Amicos sae á rúa para poñer a proba os coñecementos sobre Galicia e o galego da veciñanza e os visitantes do Barbanza con motivo do Día das Letras Galegas. Con este obxectivo, o Galeguímetro chegou a mañá deste venres, 17 de maio, á Praza de España de Porto do Son para premiar os coñecementos dos viandantes nesta materia. Ata a zona achegáronse a Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o Concelleiro de Benestar e igualdade, Pepe Lijó, o de Medioambiente, Juan José Calo, a de Cultura, Alicia, a Teniente Alcalde de Porto do Son, María José Maroñas e a vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias. Os cinco animáronse a participar na acción, que cumpre xa tres edicións consecutivas.
O concurso estivo conducido polos mozos e mozas do Fogar Amicos Adriana Miguéns, Manuel Prado, Alfonso Pérez e Javier González. De 12.00 a 13.00 horas, os presentadores encargáronse de explicar a temática deste xogo aos transeúntes e realizar as preguntas. Así, os e as participantes que contestaron correctamente a dúas das tres preguntas realizadas gañaron unha pulseira elaborada no taller de olería da entidade.
Entre os distintos participantes que pasaron polo posto do Galeguímetro atopáronse a Conselleira e os distintos concelleiros de Porto do Son. A primeira non dubidou en salientar que “É un auténtico gusto poder conmemorar este día tan importante para toda Galicia, como é o día das letras galegas e poder celebralo hoxe aquí, en Porto do Son acompañada coa gran familia de Amicos e a través deste fantástico xogo”
Pola súa banda, o concelleiro de Benestar e igualdade do Concello de Porto do Son, Pepe Lijó destacou que “ Estamos moi contentos de recibir sempre neste concello a Amicos, hoxe é unpracer estar aquí acompañados tamén da conselleira e xuntos poder participar nesta iniciativa que ten como obxectivo achegar aos veciños e veciñas un pouco máis a cultura da nosa terra ”.

Galeguímetro, o fomento da cultura de forma lúdica
O concurso de preguntas e respostas impulsado por Amicos con motivo do Día das Letras Galegas ten como obxectivo promover a cultura e o idioma galegos. Para iso, os amicos e amicas móvense por distintos puntos da xeografía galega para poñer a proba os coñecementos dos habitantes e premiar as súas respostas correctas.
Para iso, o posto percorre distintos puntos ao longo da semana previa a esta conmemoración.
Nesta ocasión, estaba previsto que se achegara a Boiro, A Pobra do Caramiñal e Noia antes da cita en Porto do Son, pero por mor das condicións climáticas non se puido realizar a actividade en tódolos puntos fixados.
O Galeguímetro despedirase desta edición o próximo luns, 20 de maio, en Ribeira. Alí serán os e as Pekes os encargados de conducir o concurso, cuxas preguntas abranguen aspectos como xeografía, cultura xeral ou literatura, entre outros. Nesta terceira edición contou con varias cuestións sobre Luísa Villalta, artista homenaxeada este ano.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.