O Concello de Outes lanza unha aplicación gratuíta ao servizo da veciñanza

14 Maio 2024

O alcalde de Outes, Manuel González, e o tenente alcalde e concelleiro de Comunicación, Anxo Núñez, presentaron esta semana a aplicación móbil municipal Outes Informa, unha ferramenta gratuíta ao servizo da cidadanía para que residentes e visitantes teñan “acceso doado e sinxelo a toda a información municipal de relevancia”, sinalaron.

En palabras do alcalde, “esta aplicación supón un salto cualitativo nas comunicacións do Concello, xa que Outes informa servirá para informar a golpe de clic de todas as actividades e procesos administrativos da Administración local máis tamén para que a cidadanía lle envíe ao Concello incidencias e propostas de toda índole”. E engadiu: “A través desta aplicación as veciñas e veciños poderán ver e recibir notificacións sobre avisos, anuncios e novas municipais. Poderán consultar a axenda de eventos e actividades municipal, visualizar os vídeos dos plenos e roldas de prensa oficiais. Poderán tamén comunicarse directamente co Concello para enviarnos propostas ou incidencias”.

O tenente alcalde fixo fincapé en que “esta aplicación supón un grande avance na comunicación en dous sentidos entre a veciñanza e o Concello. Queremos que non quede ninguén sen ter na súa man toda a axenda de actividades e servizos que ofrece o Concello así como poder recibir os avisos e novas municipais en tempo real. Damos un paso máis dentro do noso plan de mellora de comunicación que comezamos hai uns meses e que seguiremos ao longo deste ano tamén renovando a páxina web municipal.”

A aplicación Outes Informa tamén achega os xeitos de contactar cos distintos servizos municipais e outros teléfonos de interese, coñecer máis sobre o patrimonio local ou obter un listado co comercio do termo municipal e de proximidade.

A aplicación está dispoñíbel para a súa descarga nas versións de Android e iOS.

O Concello subiu na Rede un vídeo da presentación da ferramenta.

Outros artigos

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...