MISELA presenta os seus recursos pola igualdade e anti-agresións na Mesa de fronte a Violencia de Xénero de Lousame

10 Maio 2024

O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu a 14ª xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Silvia Agrafojo, concelleira Igualdade e Servizos Sociais. Unha reunión na que persoal técnico da asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros, MISELA, presentou os recursos e protocolos da súa entidade na área de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Silvia Agrafojo agradeceu a participación de MISELA nesta reunión “pois xa na anterior reunión de novembro pasado propuxemos a posibilidade de convidar a outros axentes sociais a participar nesta Mesa e resulta moi interesante coñecer tanto os recursos como as necesidades que teñen asociacións coma MISELA para tratar de coordinarnos e así seguir avanzando en materia de igualdade e na loita contra a violencia machista”.

Na xuntanza celebrada este venres 10 de maio participaron Manuela Vilaboy, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno; Pilar Cobas Cajuso, directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Julia Veiro Justo, psicóloga do CIM de Noia; Ángela Mª Costa Santos, enfermeira Centro de Saúde de Lousame; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; Cristina Rial, cabo do equipo VIOXÉN da Garda Civil de Noia; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade e secretaria da Mesa. Todas elas interviron para actualizar a información sobre as actuacións levadas a cabo no municipio.

Así mesmo, a Mesa informou sobre o estado da guía Caixa de ferramentas, cos diferentes recursos de atención ás mulleres e promoción da igualdade que está a elaborar a Secretaría Xeral de Igualdade para o seu uso polas Mesas Locais e tomo coñecemento sobre as actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de Lousame e as actividades realizadas na área de formación en prevención da violencia contra as mulleres.

Outros artigos

Luns 4, regresan as choivas temporalmente

Este luns traerá consigo ceos nubrados e chuvascos que comezarán a rexistrarse polo sur extendéndose ao longo da xornada a todo o territorio, agás no norte, onde as precipitacións serán menos probables. En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro...

+

Rianxo volveu vibrar coa décima edición da súa Carreira Popular

Finalmente e coa axuda do clima, as persoas participantes, o público e por suposto a organización, a décima edición da Carreira Popular Concello de Rianxo foi un novo éxito deportivo do municipio rianxeiro e do Barbanza. Segundo confirmou o Concello, que compartiu nas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión