“Grave non, o seguinte”. Antón Luaces

04 Maio 2024

Este venres foi o cumpreanos do meu fillo máis novo. Cadra o aniversario coa celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa, cuestión que sempre lembro, ao igual que me pasa coa segunda das fillas, que cumpre anos no Día Mundial da Radio. Son feitos que, queira ou non, levan  a un a cavilar en como esas coincidencias cada ano, fixan singularidades coa propia vida de quen esto escribe no devalo do 3 de maio deste 2024.

E por que se me antolla que ten algo especial ou significativo este ano?.

Moi sinxelo: a liberdade de prensa está en entredito. Non coma en tempos do franquismo, evidentemente; pero sí estamos a perder o rumbo porque o temón do navío constitucional está, en boa medida, deixando a este ao garete. Ata que punto que unha web debe ser cualificada de pseudo xornal para a distinguir dos xornais propiamente ditos. E por se isto fose pouco, desde o Goberno e a súa contorna díse ben claro que, algunha desas webs e outros medios próximos ou dependentes de instancias da dereita e estrema dereita españolas, deberían ser obxectivo dos xuíces, algo que pode parecer -a min parécemo- un sensentido nun  país que estivo suxeito máis de 40 anos ao férreo control do franquismo e o posfranquismo que moitos xornalistas vivimos.

Por se fose pouco o que o Goberno formula, que os propios medios de comunicación demanden o mesmo que aquel pon no debate, ven ser a guinda que da sabor intenso ao licor. 

En Galicia -ao igual que no resto do Estado- todos sabemos o que é “regar” con  cartos públicos a determinados medios de comunicación privados. Afíns?. Quen o pode afirmar, cando todos podemos comprobar como cada ano, nas “transparencias” que se ofrecen á cidadanìa dende as instancias gobernativas do Estado, das autonomías e dos concellos, figuran relacións de cantidades entregadas a eses medios que máis critican, para os manter ao seu carón cando non ao seu abeiro?.

É máis: os cambios de mandado non significan que aqueles que máis recibiran no goberno anterior deixen de percibir esas importantes axudas co novo: estas mantéñense, se ben a elas súmanse aquelas outras destinadas a medios que se incorporan á listaxe dos “beneficiados”.

Un deses medios -nado en Madrid, onde abundan os “pseudos”- veu dicir este venres, referíndose ao presidente do Executivo nacional, que a súa actuación é “grave non, o seguinte”, engadindo que Pedro Sánchez vai ter un final “tráxico”.

A bola de cristal que este director da web -“pseudo medio de comunicación”- manexa debe ter un  gran poder adivinatorio. Mais non quixera estar na pel dese director se chegara a producirse o que agoira. 

Nótase ben que, malia a súa longa traxectoria e experiencia, non tivo que encarar nunca o interrogatorio previo -xa non digo o do TOP- ao paso polo Tribunal de Orde Pública creado polo Caudillo e os seus adláteres.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...