Este xoves arrinca a décima edición do Rexenera Fest

29 Maio 2024

O certame Rexenera Fest 2024, o gran festival da arte pública de Galicia que chega á súa décima edición, celébrase en Carballo do 30 de maio ao 9 de xuño. Organizado polo departamento de Promoción Económica e Turismo do Concello carballés, volverá contar co apoio da Deputación da Coruña, que lle concedeu unha subvención de 35.000 euros, dos 149.980 que investirá neste exercicio no programa DP0040, dirixido a municipios da provincia para a realización eventos de arte pública urbana na modalidade de pintura mural.

O museo a ceo aberto no que se converteu Carballo grazas ao proxecto Derrubando muros con pintura, sumará cinco novos espazos aos 119 actuais (69 do Rexenera) e, durante os vindeiros dez días, ofrecerá a veciños e visitantes a posibilidade de seguir ao minuto as intervencións dos artistas participantes este ano: o galego Sr. X, a portuguesa Tamara Alves, o suízo Stom500, a vitoriana Amaia Arrazola e o donostiarra Pablo Astrain.

O Rexenera Fest programou tamén actividades paralelas, de balde, para todo o público: os obradoiros impartidos por Taller Trueno (de serigrafía) e por Hanqo (de estampaxe), rutas guiadas polos murais da localidade, xogos de pistas para familias e unha sesión vermú co dúo coruñés Minifundistas, quen pecharán o festival desde os pratos a ritmo de funk, afro, electrónica, rock e hip hop, o sábado 9, ás 13 horas, na rúa Coruña.

O vicepresidente da Deputación Xosé Regueira (xa desde a primeira edición, máximo valedor do Rexenera, como titular da concellería de Turismo carballesa) salientou “a aposta por un evento que leva dez anos dándolle cor as medianeiras de Carballo e que está incluído na liña de subvencións da Deputación da Coruña aos festivais de arte pública da provincia: os de Ordes, Cambre, Oleiros e Rianxo, ademais do Rexenera, entre os que repartiremos os case 150.000 euros de orzamento”.

Regueira fixo mención tamén á calidade do Rexenera, “que volve reunir algunhas das propostas máis destacadas da escena internacional da pintura mural urbana; cinco intervencións que seguirán contribuíndo, coma todo o proxecto de Derrubando muros con pintura, a configurar un espazo público moito máis atractivo e humanizado e a xerar identidade para Carballo, fronte ao desastre que nos deixaron anteriores políticas urbanísticas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.