Os Concellos que contan con UMAD, entre eles Ribeira, rexeitan por unanimidade o convenio proposto pola Xunta

04 Abril 2024

O concelleiro delegado de Sanidade de Ribeira, Juan Luis Furones, asistiu este mércores 3 de abril a unha xuntanza da FEGAMP na que participaron os trece Concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia (UMAD), para tratar a situación da integración da rede galega de trastornos aditivos no Servizo Galego de Saúde. Os trece Concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia (entre os que se conta o de Ribeira) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) rexeitaron a proposta recibida dende a Xunta para renovar o convenio dirixido a cubrir os custos deste servizo por parte destes concellos. Segundo fixo saber o edil ribeirense, “non se está a cumprir o mandato do Parlamento de marzo de 2021, que asume que as competencias sanitarias son do SERGAS. O financiamento das UMAD corre a cargo dos Concellos, a pesar de que isto afecta a tódolos galegos. Deberíase devolver a asistencia sanitaria a quen ten a competencia transferida”, dixo.

Nesta xuntanza avaliouse negativamente a proposta recibida dende a Xunta para o novo convenio, no que o importe contemplado no mesmo para a cobertura dos custos do servizo apenas supera os  4 millóns de euros anteriores, o que “supón un grao do cobertura de aproximadamente o 70% do gasto total que supoñen as UMAD”, sinalaron os Concellos, malia que, engadiron,”a propia Administración autonómica recoñece como competencia súa, pero finalmente teñen que volver a ser as administracións locais as que garantan o servizo achegando recursos propios”.

Para a FEGAMP e os ditos Concellos, a proposta de novo convenio “aínda empeora as condicións anteriores, xa que ademais de seguir sen cubrir o total do custo agora a Xunta de Galicia pretende diferir o pagamento en dous prazos condicionados”. Isto supón que os trece municipios con UMAD “non só terían que financiar boa parte dun servizo que é competencia autonómica, senón que tamén terían que esperar máis tempo e realizar dúas xustificacións para poder recibir a contía económica dende a Xunta de Galicia”, explicaron.

O presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, considerou que “esta situación é moi grave, polo que emprazamos ao novo Goberno da Xunta de Galicia a cumprir cos compromisos adquiridos con urxencia para garantir a calidade do servizo que se presta”,  e exixe “unha xuntanza co novo conselleiro de Sanidade en canto teña tomado posesión do seu cargo co fin de retomar a aplicación dos compromisos adquiridos no cronograma”.
 

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.