En Ribeira os bombeiros rescatan a unha persoa tras sufrir unha caída de altura

08 Abril 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Ribeira e Boiro interviron en rescate de precipitado en edificio en Ribeira

O ferido caeu enriba dun tellado, entre dous edificios situados na Plaza do Irmandiños, en Ribeira.

Alí acudiron os bombeiros logo de recibiren o aviso do 112 Galicia, arredor das 20:30 horas de onte.

Efectivamente, unha persoa particular contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda, pois o ferido atopábase enriba dun tellado, nunha zona de difícil acceso.

Ademais dos efectivos do parque comarcal de Ribeira, pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e da Policía Nacional. Tamén acudiron os membros do Grupo Municipal de Emerxencias e os Bombeiros de Boiro como apoio.

Sen embargo, á súa chegada, comprobaron que o ferido fora xa rescatado polos efectivos de Ribeira, que o trasladaron en padiola de rescate ata o lugar no que agardaba a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.