Boiro celebra este domingo unha andaina para concienciar sobre o autismo

04 Abril 2024

O Concello de Boiro colabora coa Asociación de persoas autistas BarbanTEA na celebración da Andaina do Autismo 2024 que está prevista para este domingo 7 de abril. Na presentación, que tivo lugar no Consistorio na mañá deste xoves 4, estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e Patricia Davila e Olga Moledo, da asociación.

Segundo fixeron saber, a andaina constará dun percorrido duns 6 quilómetros que sairá da praza de Galicia e percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo de Barraña e o esteiro do río Coroño para volver á praza de Galicia onde haberá un avituallamento. “Para o Concello de Boiro é sempre un orgullo colaborar con iniciativas como esta que mesturan deporte e concienciación sobre algunha causa como é nesta ocasión o autismo”, recoñeceu o concelleiro Marcos Fajardo.

Pola súa banda, Patricia Davila sinalou que “a finalidade desta cita é dar a coñecer o autismo e traballar a integración destas persoas e darlle o seu espazo na sociedade”.

A andaina é gratuíta pero precisa de inscrición previa, que se pode facer na web www.barbantea.org

Olga Moledo agradeceu a colaboración da institución e das empresas que fan achegas para a celebración desta cita que “é so unha das actividades que queremos promover para mostrar que o autismo non é unha enfermidade, é unha condición”.

A Asociación BarbanTEA naceu este ano coa finalidade de axudar ás persoas autistas e ás súas familias e desenvolver accións que favorezan a integración destas persoas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.