O Día Mundial da Poesía celebrarase na Pobra cun formato de recital (este venres 22)

19 Marzo 2024

Érica Alri, Ana Lojo, Marta Ojea, Ciro Fernández e Alfredo Vázquez: estes son os nomes das escritoras e escritores que porán a súa voz e os seus versos no recital que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal co gallo do Día Mundial da Poesía, unha cita que contará tamén cun compoñente musical da man da soprano noiesa Esperanza Mara.

O Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase, a partir das 20.00 horas, nun epicentro poético. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explicou que este ano impúlsase esta iniciativa para “pór en valor este xénero literario e a figura da e do poeta”. Ademais, dixo, “queremos que este recital sexa participativo, queremos que o público pase a ser parte activa coa lectura dalgúns versos. Animamos, polo tanto, a que asista con algún poema, que pode ser de creación propia.”

A xeito de aclaración, dende a Concellería de Cultura, a edil Patricia Lojo sinalou que “se ben esta data se conmemora no 21 de marzo, optamos por realizar esta actividade no día 22 por ser venres e favorecer así a asistencia das persoas interesadas”.

Pola súa parte, a escritora Marta Ojea falou en calidade de coordinadora deste evento: “É importante visibilizar a poesía e os poetas da nosa contorna; facela accesíbel á xente”. Contarase, polo tanto, cun grupo heteroxéneo que fará máis enriquecedora esta experiencia. “Vaise desfrutar dun momento máxico, cheo de palabras, de música, de emocións”, apuntou.

Nesta mesma liña tamén se pronuncia a bibliotecaria municipal, Loló Fernández, quen animou a que a veciñanza faga a súa contribución no recital, ben sexa lendo as súas propias creacións ou logo de escoller un exemplar na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, con asesoramento, segundo os/as autores/autoras e temáticas predilectas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.