Desactivado o plan anticontaminación autonómico ante a “baixa incidencia” na chegada de pélets á costa

01 Marzo 2024

O Centro de Coordinación Operativa do Plan Camgal (Cecop) celebrou unha reunión técnica presidida polo subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, en calidade de director do plan, para avaliar a situación actual respecto á vertedura de pellets provocada pola perda de parte da carga do mercante Toconao ante as costas de Portugal. Alí os coordinadores dos grupos de resposta en terra e mar informaron que, a pesar das condicións oceanográficas favorables para a entrada de máis material á costa galega nos últimos días, non se apreciou novas chegadas significativas de máis granulado. Atendendo a información proporcionada o director do Camgal comunicou a decisión de desactivar o citado plan o que será notificado á Delegación do Goberno.

Esta medida ven precedida da rebaixa do nivel de alerta ao nivel 1 o pasado 25 de xaneiro dado que xa se estaba a constatar a redución notable da presenza de granza non alcanzaba as ratios mínimas recomendadas polos organismos internacionais para a súa recollida, polo que se apostou por unha desescalada progresiva dos medios de limpeza e por unha vixilancia que permita actuar con velocidade ante calquera cambio. O director do Camgal sinalou que estase elaborando un informe técnico completo onde se recollerá con detalle as actuacións realizadas desde a activación do Plan por parte dos diferentes departamentos autonómicos implicados ata hoxe.

Os técnicos do Cecop informaron que, a pesar das condicións oceanográficas dos últimos días favorables a novas entradas de granulado plástico á costa galega, non se apreciou novas chegadas significativas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.