Alerta laranxa este martes por temporal no litoral da Coruña e Pontevedra

25 Marzo 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activar para o martes unha alerta laranxa debido a un temporal costeiro que afectará os litorais das provincias da Coruña e Pontevedra. Este fenómeno adverso estará vixente desde o mediodía do martes na costa de ambas provincias estendéndose a todo o litoral galego a partir da madrugada.

Espéranse ventos do noroeste con forza 7 e, ocasionalmente, alcanzarán forza 8, acompañados de mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros no mar.

O 112 Galicia, notificou a situación a concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Ante este escenario, a Dirección Xeral de Emerxencias lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, incluíndo diques, rompientes e paseos marítimos. Ademais, ínstase a extremar as precaucións ao realizar calquera actividade no mar e a revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.