18F: Ribeira acolleu o inicio das Autonómicas 2024

02 Febreiro 2024

As tres formacións políticas con presenza actual no Parlamento de Galicia realizaron a pegada de carteis na praza do Concello de Ribeira co inicio das Autonómicas do 18 de febreiro.

Polo PP de G participou na pegada a candidata da comarca e actual conselleira de Política Social e Xuventude e número 7 pola provincia da Coruña, a ribeirense, Fabiola García. A candidata salientou que “esta nova campaña electoral, é unha das citas máis importantes que temos nos últimos anos….. queremos continuar traballando por todolos veciños de Barbanza.

A candidata comarcal popular estivo acompañada no acto polos alcaldes de Porto do Son e de Noia e tamén cos portavoces da Pobra, Boiro e de Rianxo.

Tamén participou na pegada de carteis o senador ribeirense , Manuel Ruíz quen salientou que o ” presidente Rueda preséntase a estas novas eleccións con toda ilusión con todas as ganas e no Barbanza imos traballar sen descanso para que Galicia continúa sendo ese lugar de estabilidade, ese lugar de palabra esa illa onde se miran todas as outras comunidades autónomas a nivel nacional, unha comunidade que leva traballando moito polos nenos, polos mozos, polos maiores polas persoas con discapacidade…. Necesitamos ter esa maioría absoluta para seguir facendo de Galicia ese lugar de estabilidade”.

O BNG realizou a pegada de carteis co alcalde ribeirense Luís Pérez, quen declarou que ” esta campaña é tremendamente ilusionante e decisiva nas que temos unha oportunidade histórica para facer un cambio en positivo do país …. apelamos a esa mobilización masiva o dazoito de febreiro para conseguir unha sanidade, unha educación pública, un sistema de benestar reforzado. Necesitamos un goberno na Xunta de Galiza aliado que traballe por defender tamén ou sectores decisivos e tamén a sociedades.”

O Psd G -Psoe fixo tamén na praza do concello ribeirense a pegada de inicio de campaña. Francisco Suárez-Puerta Colomer, 2º Tenente Alcalde, concelleiro delegado de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, salientou que están “moi ilusionados, pensamos que é un momento histórico e que agora mesmo é momento de cambiar, de que Besteiro sexa presidente de Xunta. Queremos que os galegos podamos vivir como nos merecemos “.

Canal Barbanza

Outros artigos

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.