
Terá lugar no Colexio La Salle o sábado día 10 de febreiro
Delegacións de voluntarios de toda a diocese, nun número superior aos tres centenares, participarán na XXXII Asemblea Xeral
Extraordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que se celebrará o sábado, día10 de febreiro a partir das dez da mañá en dependencias do Colexio La Salle de Santiago. O encontro será presidido polo arcebispo monseñor Francisco José Prieto Fernández Despois da acollida e oración, monseñor Prieto Fernández dirixirase á Asemblea para falar da nova etapa que se inicia na entidade á vez que animará aos axentes seguir traballando para axudar ás persoas máis necesitadas.

A directora da institución, Pilar Farjas Abadía dará conta das liñas estratéxicas de actuación para os próximos anos e que se circunscriben en catro apartados fundamentais: soidade, vivenda, cobertura de necesidades básicas, e emprego.
Presentará ao novo equipo encabezado por Santiago Fernández como delegado episcopal
O anterior equipo directivo recibirá unha homenaxe da Asemblea polos longos 13 anos de traballo nos que foron responsables das accións levadas a cabo para axudar ás persoas máis vulnerables.
Será presentada un relatorio sobre “A acción social de la Iglesia Católica en Siria”, contando coa participación do pai Natalio Saúdes, frade franciscano, Alejandro López Carballeira, subdirector de Xestión dos Servizos Informativos de CRTVG e Pablo Villaverde, voluntario dos proxectos sociais da Orde Franciscana.
Expoñerán a súa experiencia vivida en directo, o pasado verán, nun deses conflitos esquecidos. Coa celebración dunha Eucaristía e unha comida de confraternidade concluirá a programación prevista para que sobre as catro da tarde producirse o envío dos participantes.



