Escolares de Ribeira participan no programa divulgativo de alimentación saudábel de Gadis

29 Febreiro 2024

Máis de 4.200 estudantes da provincia da Coruña participan durante este curso escolar no programa educativo Alimentes de Gadis. Ao abeiro desta iniciativa, arrincaron as visitas presenciais aos puntos de venda para aprender dunha forma práctica cales son os alimentos que han de incluírse na cesta da compra para seguir unha dieta equilibrada e sostible. No caso dos centros educativos de Barbanza, lévanse a cabo nun supermercado de Ribeira.

Co propósito de que os estudantes poidan poñer en práctica o aprendido nas aulas cos contidos da plataforma Alimentes Dixital, organizouse un calendario de visitas con monitores formados en nutrición que os guían polas diferentes seccións, prestando unha atención especial ás de produto fresco: froitas e verduras, peixaría, carnizaría, lácteos, etcétera, para que comprendan a importancia de consumir este tipo de produtos, de proximidade, máis saudables e sostibles.

Desde hai máis de vinte anos, Gadis acompaña e apoia ás familias e á comunidade educativa no seu labor de fomentar hábitos saudables desde a infancia para unha vida activa e máis sa, tanto nesta etapa como na adulta. Previr a obesidade é un dos obxectivos que se persegue e que a empresa pon en valor coincidindo co Día Mundial da Obesidade, que se celebra o 4 de marzo para destacar a importancia dunha maior sensibilización social.

Obxectivos para o actual curso escolar
Supermercados Gadis mostra a súa satisfacción pola implicación da comunidade docente de Galicia e Castela e León no seu programa Alimentes que, en cada curso escolar, aumenta a participación. En xuño do 2023 finalizaron o itinerario do plan 28.000 nenos e nenas e 442 centros destas dúas comunidades. O obxectivo este ano é lograr que máis estudantes se aproximen a estes conceptos tanto de maneira presencial coas visitas como de forma interactiva con Alimentes Dixital.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...