Arranca a campaña electoral do 18F

01 Febreiro 2024

Os candidatos dos partidos políticos galegos escolleron diferentes cidades para dar comezo á campaña electoral con motivo das eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.

O presidente da Xunta e candidato popular á reelección, Alfonso Rueda, aposta pola capital de Galicia para dar o tiro de saída á campaña, xa que os populares optarán pola praza do Obradoiro, ante a sede do Goberno galego, para colocar o primeiro cartel da campaña.

Previamente Rueda estivo en Lugo para participar nun mitin central xunto á presidenta provincial do PP e cabeza de lista por esta circunscrición, Elena Candia, e a responsable de Novas Xeracións, Nicole Grueira. 

Pola súa banda, a líder do BNG e candidata da formación á presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou pola mañá nun acto cos cabezas de lista da formación polas catro provincias galegas no Parque de Bonaval da capital galega.

Xa pola tarde abre a campaña no Campo da Leña da Coruña xunto a Mercedes Queixas, que concorre como número dous da lista por esta circunscrición, que encabeza a propia Pontón.

O socialista José Ramón Gómez Besteiro, que se estreará como candidato á Xunta tras o seu regreso á primeira liña política, escolleu a súa cidade natal, Lugo, para o seu acto de arranque da campaña electoral.

Na praza de Santa María estará acompañado pola vicesecretaria xeral do PSOE e vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero. O acto terá lugar antes da pegada de carteis, que tamén realizará na propia cidade da Muralla.

Pola súa banda, Sumar Galicia, coa aspirante á Xunta Marta Lois á cabeza, aposta por “un arranque diferente” e non elixirá ningunha das grandes cidades, senón que se desprazará a Cangas do Morrazo para a saída á campaña.

Ademais, a candidata de Podemos á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, tamén escollerá A Coruña para o acto de pegada. En concreto, estará no Millenium, en Labañou.

En total son once os partidos que concorren a estas eleccións, cun total de 41 candidaturas. Para entrar no repartimento de escanos os partidos teñen que conseguir un mínimo do 5 % dos votos totais.

A repartición provincial nesta cita coas urnas manterá a estrutura de 2020, coa distribución de 25 deputados pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra e 14 tanto en Lugo coma en Ourense

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.