A Deputación preparou unha chea de actividades innovadoras para achegar Europa aos concellos

21 Febreiro 2024

A oficina Europe Direct A Coruña da Deputación da Coruña organiza unha decena de actividades neste arrinque 2024 para ser desenvolvidas nos municipios que forman parte da rede Europa no teu Concello, ao que están adheridos Boiro, Porto do Son, Lousame, Rianxo, Dodro e Rois, entre outros.. As accións previstas, todas elas innovadoras, servirán para dar a coñecer a Unión Europea aos nenos e nenas, para difundir políticas da UE entre a cidadanía e para achegar oportunidades de formación e participación en Europa a mocidade vertebran a oferta deste inicio de 2024.

Entre as iniciativas informativas e de sensibilización sobre a UE, está dispoñíbel Coñece Europa con Kalopsia, un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida que é a UE e que conta con intérprete de signos para garantir a súa accesibilidade.

Haberá tamén funcións de A Maxia de Europa, unha actuación de trucos e humor coa que percorrer os símbolos e valores da UE e varias paradas da exposición ao aire libre Pacto Verde Europeo, que achega á cidadanía as liñas fundamentais das políticas verdes que guían o crecemento europeo.

Ademais, xa está en marcha polos concellos a exposición itinerante Experiencia Europa, que achega o funcionamento da Unión Europea e a súa influencia no día a día a través dunha experiencia dixital.

Dentro das oportunidades para a mocidade, os concellos membros de Europa no teu Concello poderán promover a participación da xente nova do seu municipio na campaña Embaixadorxs Destino Europa, una iniciativa de euroinfluencers para incentivar o coñecemento dos programas europeos neste sector da poboación.

Tamén está previsto un encontro coa Oficina do Parlamento Europeo en España denominado Ventana a Europa, ao que se engaden os obradoiros formativos Hello, Europe!, que buscan incrementar a capacitación da mocidade en habilidades para a busca de oportunidades laborais e de formación na UE. Nestes primeiros meses, centraranse na carreira investigadora, na elaboración do CV Europass, na creación de cartas de presentación e nas habilidades dixitais.

A rede Europa no teu Concello ofrece, ademais das actividades de formación e de sensibilización europea, apoio aos concellos nas súas iniciativas locais e servizos de carácter xeral que inclúen a recepción dun expositor informativo, publicacións oficiais, materiais e un boletín semanal coas novidades de mobilidade para a xente moza, entre outros.

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña, impulsou a posta en marcha desta iniciativa co obxectivo de “descentralizar as actividades de información e sensibilización europea na provincia”. A rede Europa no teu Concello suma xa 44 municipios da provincia da Coruña e a campaña de adhesión de concellos interesados na iniciativa continúa aberta. Poden poñerse en contacto a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal.

Os concellos que participan nesta iniciativa son: A Baña, A Laracha, Abegondo, Ames, Ares, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Culleredo, Dodro, Dumbría, Fene, Frades, Lousame, Moeche, Mugardos, Narón, Negreira, Oroso, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, Santa Comba, Touro, Valdoviño, Vedra, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Para información complementaria, pódese consultar a páxina web da Deputación.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.