O PP presenta na provincia da Coruña unha lista encabezada por Diego Calvo e que renova os seus integrantes en case un 60%

15 Xaneiro 2024

Diego Calvo encabezará a lista coa que Partido Popular da provincia da Coruña concorrerá ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 18 de febreiro. Vicepresidente da Xunta de Galicia e líder dos populares na provincia, Calvo será o número un dunha candidatura que renova os seus integrantes nun 59% respecto á anterior cita coas urnas galegas.

En concreto, os populares presentan 17 caras novas nunha lista composta por 29 persoas -25 titulares e 4 suplentes-, das que 15 son homes e 14 son mulleres, que representan todos os ámbitos e sectores da sociedade galega.

Ademais de Diego Calvo como número un e da secretaria xeral de PPdeG, Paula Prado como número dous, a lista dos populares na provincia da Coruña está composta tamén por Ánxeles Vázquez, Ethel Vázquez, Fabiola García, Miguel Corgos, María Jesús Lorenzana, Martina Aneiros e Borja Verea.

Despois de contribuír con 14 actas ao último goberno do PPdeG no ano 2020, os populares afrontan a cita do próximo 18 de febreiro “convencidas e convencidos de repetir unha cifra histórica coa que contribuír a que Alfonso Rueda alcance a súa primeira maioría absoluta como presidente da Xunta de Galicia”.

Diego Calvo definiu a lista como “un auténtico equipazo”, unha lista que “mestura a experiencia de persoas que estiveron no Goberno autonómico nos últimos anos con outras que chegan con ganas de sumar diferentes puntos de vista e que representan á maioría dos galegos”, dixo, salientando tamén que a “gran canteira” que existe dentro da militancia do Partido Popular na provincia da a Coruña, o que, na súa opinión, permitiu poder confeccionar unha lista que aglutina as diferentes singularidades que teñen os 93 concellos “Contamos na nosa lista con xente das tres grandes cidades, pero tamén de concellos tan dispares como As Pontes, Ribeira, Padrón, Cee, Carballo ou Betanzos, que permiten ter unha visión ampla de todo o que sucede na provincia”, dixo Calvo.

Outros artigos

Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica

Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...

+

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...