O Concello de Ribeira enxalza o esforzo das/os deportistas bolseiras/os de Ribeira

05 Xaneiro 2024
Entrega de diplomas nunha foto de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o concelleiro de deportes, Xabier Vidal, fixeron entrega este venres 5 de xaneiro dos diplomas a tódolas/os deportistas de Ribeira que conseguiron as bolsas individuais por destacar na súa faceta competitiva durante o ano 2022. No acto tamén estiveron os edís Francisco Suárez e Fernando Abraldes.

O equipo de Goberno felicitou a todas e todos as/os rapaces e agradeceu “o esforzo e a dedicación de todos os que demostraron un compromiso excepcional co deporte e levaron o nome do noso municipio a novos niveis de excelencia.” afirmou Luís Pérez. O alcalde reafirmou tamén o seu compromiso de aumentar as cuantías destas bolsas nos vindeiros anos.

“O deporte non só é unha forma de manternos saudábeis, senón tamén unha ferramenta poderosa para construír carácter, disciplina e traballo en equipo”, explicou o concelleiro Xabier Vidal, engadindo que “en Ribeira, sempre recoñecemos a importancia de apoiar e fomentar o desenvolvemento integral dos nosos mozos, e estas bolsas son un testemuño do noso compromiso continuo co seu éxito.”

As bolsas foron para: Irene Montemuiño, 9ª Clasificada Campionato de Europa Sub-21 de Taekwondo, Iván Parada; 1º Clasificado campionato do mundo Semikempo, Adrián Pego Rey; 1º Clasificado campionato do mundo Kempo, Clara Millares, 3ª Clasificada Campionato de España de boxeo, Lois Tomás González; 1º Clasificado Campionato Galego Absoluto de Taekwondo, Borja Domingo Franco, 1º Clasificado campionato Galego Sub-21 de Taekwondo, Juan Vicente Figueiras, 2º Clasificado Campionato do Mundo de Full- Kempo Junior, Nuria Cernadas, 5ª Clasificada Campeonato de España Absoluto de Taekwondo, Paula Castrelo, 2ª Clasificada campionato de España de Kempo, Tomasa Franco; 2ª Clasificada Campionato de España Cadete Taekwondo, Ainhoa Teira; 5ª Clasificada Campionato de España Taekwondo Junior, Marta Teira; 1ª Clasificada campionato de España de Kempo, Alejandro Cernadas Ageitos, 3º Clasificado Campionato Galego Junior de Taekwondo, Ana Daniela Sieira, 3º Clasificada Campionato Galego Cadete Patinaxe, Mauro Vizcaya rey, 3º Clasificado Campionato de España remo ergómetro e Mateo Crujeiras Villar, 1º Clasificado campionato Galego de Triatlón

Outros artigos

Martes 5, volve o tempo seco a partir do mediodía

O martes será unha xornada de transición na que iremos recuperando progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos máis probables e intensos na franxa atlántica durante a mañá. Co avance do día, as precipitacións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...