O Concello de Muros xa dispón de medio cento de traballadores locais contratados pola aseguradora da armadora do Toconao para limpeza das praias

11 Xaneiro 2024

O Concello de Muros xa dispón de 50 traballadores locais contratados pola aseguradora da empresa armadora do buque Toconao, responsábel do vertido de aglomerados plásticos na nosa costa, para a retirada dos mesmos nas praias do municipio.

Muros, segundo lembra o Concello, foi a primeira administración local de Galicia en pechar coa aseguradora da empresa armadora e coas entidades de voluntariado un plan de limpeza dos pélets de plástico nas praias, que se puxo en marcha este pasado martes 9 de xaneiro.

Ante “a dimensión das tarefas”, a empresa de limpeza enviada pola aseguradora xa contratou a 50 traballadores de Muros para efectuar os traballos, coa axuda dos voluntarios, explicou o Concello.

A alcaldesa asegurou que “ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”. E engadiu: “Son uns traballos laboriosos e que levarán un tempo, porque dependen tamén de factores como as mareas, pero non podíamos esperar máis, todas as praias do concello están afectadas”, explicou María Lago, aclarando que tamén son precisas unhas tarefas de prelimpeza das praias que farán os voluntarios, para despois encargarse a empresa de limpeza da retirada dos aglomerados.

O Concello tivo coñecemento da chegada das bólas plásticas o 3 de xaneiro e o domingo 7 efectuouse unha análise da situación coa empresa de limpeza da aseguradora para decidir como proceder aos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.