O Centro Social de Boiro vai acoller este luns 29 de xaneiro unha charla sobre educación emocional e técnicas de relaxación realizada no marco das actividades do programa Muller e Saúde que desenvolve o Concello. As inscricións para asistir á sesión, que dará comezo ás 16.30 horas, cómpre facelas no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro a través do teléfono 981 844 800 ou o correo cim@boiro.org.
A charla deste luns porá o foco na educación emocional e nas metodoloxías que podemos poñer en práctica para atopar unha meirande tranquilidade no noso día a día e, en consecuencia, maior calidade de vida.
A seguinte cita do ciclo será o 20 de febreiro e centrarase na alimentación durante a menopausa. A charla impartirase ás 11.00 horas no Centro de Saúde de Boiro.
As sesións do programa son de balde.

MULLER E SAÚDE: EDUCACIÓN EMOCIONAL
Data: luns 29 de xaneiro
Hora: 16.30 horas
Lugar: Centro Social de Boiro
Descrición: charla sobre educación emocional e técnicas de relaxación realizada no marco das actividades do programa Muller e Saúde que desenvolve o Concello de Boiro.
Inscricións no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro.



