O mércores Galicia queda na influencia das altas presións situadas no centro peninsular.. Así, predominarán os bancos de néboa a primeiras horas, que se irán disipando para deixar unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. Brétemas costeiras no litoral atlántico As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
O prognóstico adianta que se manterá a situación de estabilidade durante polo menos mais de dez días:
O noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 4 a 4.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota