Tralo incendio da factoría que Jealsa posúe en Bodión en Boiro en maio de 2021 e recollemos en “obarbanza.gal”, ligada á súa marca Rianxeira, a empresa fixo a reconstrución que concluíu con éxito para agora recuperar completamente a súa actividade. A empresa en declaracións a un medio galego anunciou a súa intención de reactivar a súa planta de Boiro para chegar a 28.000 toneladas de atún ao ano.
“Non temos data pechada aínda”, sinalaban o xornal Faro de Vigo, desde a compañía, que nestes momentos atópase tramitando “todos os permisos necesarios para a súa posta en funcionamento”. “O obxecto da modificación solicitada é a ampliación das liñas de procesado de atún..”.
Unha vez se execute o centro operativo poderá quintuplicar a súa produción interna, pasando das 5.500 toneladas anuais de lombos de atún ás 28.000 que, como máximo, abarcará a futuro, ou o que suporía uns 61.600 quilos ao día.




