Comunicado de JEALSA

09 Maio 2021


Desde a dirección de Jealsa queremos facer chegar o noso agradecemento a todas as autoridades que nos brindaron o seu apoio poñendo a disposición os efectivos necesarios para que o incendio producido onte nunha parte das nosas instalacións de Bodión fose sufocado de forma áxil e eficaz, sendo a seguridade das persoas a nosa prioridade en todo momento.
Queremos facer un agradecemento especial aos efectivos dos servizos do 112 da Xunta de Galicia, Consorcio Provincial de Bombeiros, Bombeiros de Boiro, Ribeira, Cambados, Ribadumia, GES de Noia, Padrón, Sanxenxo, Servizo de Garda Costas e Salvamento Marítimo entre outros E por suposto, o noso máis profundo recoñecemento e agradecemento ás empresas provedoras que xunto á excepcional actuación dos nosos traballadores colaboraron desde o primeiro instante para controlar a situación xunto aos equipos de emerxencias.
Mención especial tamén aos representantes dos traballadores, que estiveron en todo momento desempeñando un gran labor de coordinación e comunicación.
Jealsa é unha empresa formada por magníficos profesionais, e coa axuda de todos, continuaremos cumprindo os nosos compromisos con clientes e consumidores. Todos os nosos centros de produción no mundo permanecen a pleno rendemento, poñendo en marcha as accións necesarias para superar esta situación, que estamos seguros uniranos aínda máis como empresa e equipo humano.
A gran familia de Jealsa no seu conxunto, agradece a Institucións, clientes, provedores, colaboradores, veciños e a todas as persoas que nos están facendo chegar, a través de múltiples medios, e desde tantos puntos da xeografía nacional e internacional, as súas mostras de apoio e solidariedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.