Ribeira presenta a programación das festas de Nadal de Ribeira 2023-2024

05 Decembro 2023

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; presentaron hoxe a programación das festas de Nadal de Ribeira 2023-2024.
O programa contempla espectáculos no Auditorio, Actos do Tecido Social, Pekenadal para bebés, Nadal Pelegrín con inchables, obradoiros e animación musical por tódalas parroquias, e o Recuncho de Nadal co Apalpador, que recollerá as cartas da cativada na casiña de Madeira ubicada na Praza da Porta do Sol dende o 22 de decembro.
“As actividades no Auditorio comezan o 10 de decembro co concerto da Orquesta de Cámara Galega, ás 19:00 horas. A partir desa data celebraranse distintas actividades e eventos de entidades como Cáritas, Alfaia e Amas de Casa entre outras.” explicou a concelleira Antía Alberte. O Centro Cultural Lustres Rivas tamén acollerá do 19 de decembro ao 14 de xaneiro a exposición do XVIII Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez, da Deputación da Coruña.
O Nadal na Rúa terá lugar os días 24 e 30 con hinchables e animación musical na Rúa de Galicia. Os nenos e nenas que acudan ás actividades recibirán una rifa para participar nun sorteo de agasallos que se realizará na Cabalgata do día 5. Ese mesmo día os reis magos visitarán tódalas parroquias de xeito previo á Cabalgata de Ribeira que culminará este ano na Praza de España.
Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, “as Rúas Musicais levaranse a cabo en colaboración coa hostelería, de xeito que en caso de mal tempo os concertos se poidan trasladar ao interior dos locais”.
Co propósito de animar as rúas de Ribeira e dinamizar o comercio local, tamén se instalou un fío musical que sonará polas rúas principais; e os feirantes instalaranse no parking das Avesadas dende o día 15 ao día 7 para que a rapazada poida disfrutar das atraccións. A festa de noitevella será na carpa do Malecón a partir da 1:00 con Planet Discomóvil.
Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez destacou que a programación deste Nadal colabora con entidades culturais e coa hostelería de Ribeira co propósito de ofrecer una programación ampla e diversa e favorecer o consumo no comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.