Publicada a relación de 72 médicos de familia seleccionados para centros des saúde de difícil cobertura (15 para a área de Compostela-Barbanza)

15 Decembro 2023

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición deste venres 15, publica a relación de 72 persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de facultativo especialista de atención primaria. Ademais, publícanse as súas puntuacións para proceder á elección de prazas de difícil cobertura desde o vindeiro luns 18 de decembro.

Desta forma, nas próximas semanas incorporaranse 72 profesionais de medicina familiar e comunitaria, dos cales oito non traballaban previamente no Servizo Galego de Saúde.

A oferta de postos de difícil cobertura distribúese en 23 prazas na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; 15 en Santiago de Compostela e A Barbanza; 11 en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 en Ferrol, 7 en Vigo; 5 na área de Pontevedra e O Salnés e 3 na Coruña e Cee). En concreto, na Área Santiago de Compostela e Barbanza, ofrécense prazas fixas nos centros de saúde de: A Pobra do Caramiñal, Boiro (3 prazas), Muros, Ordes, Mesía, Noia, Trazo, Rianxo (2 prazas) Ribeira (2 prazas), Santa Comba e Teo.

O SERGAS explica que “co fin de axilizar a adxudicación de prazas, todos os aspirantes (incluídos os que non teñen a condición de seleccionados) poderán elixir as prazas da súa preferencia nun acto de elección telemático, para que, no suposto de quedar prazas sen adxudicar entre as médicas e médicos seleccionados, se poida realizar a selección dun novo aspirante pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que teñan elixido os destinos non adxudicados”.

O SERGAS tamén fai saber que o persoal MIR desta especialidade que terminou no mes de maio puido optar a estas prazas, “sendo Galicia a única comunidade autónoma cun sistema de provisión de persoal sanitario que permite a un especialista médico rematar a residencia e ser persoal fixo nese mesmo ano”. Ao respecto, engade o Servizo Galego de Saúde, “hai tres facultativos especialistas de atención primaria que resultan adxudicatarios e remataron o período de residencia en 2023”.

Ademais de todo o devandito, a Consellería de Sanidade ampliará en próximas datas o prazo de convocatoria do concurso-oposición de médico de familia para incluír as prazas da oferta de emprego público de 2023 aprobada o pasado mes polo Consello da Xunta. Polo tanto, ás 150 prazas xa convocadas, sumaranse 121, facendo un total de 271 prazas ofertadas polo sistema de concurso-oposición nesta categoría.

Outros artigos

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.