Este venres 1 de decembro o Concello de Porto do Son organizou na vila sonense unha gran festa para celebrar o acendido das luces de Nadal. Os actos focalizáronse na zona da Estacada do Porto, a partir das 20.30 horas. Ademais do equipo do Concello (por exemplo o alcalde Luis Oujo) e a veciñanza, amenizando a cerimonia do prendido, participaron o Coro da Escola Musical e o alumnado de Teatro Musical MiMarte.




