A Casa da Cultura de Outes acolle este mércores 27 de decembro unha nova proxección ao abeiro do ciclo Cinema de Nadal, que se desenvolve en auditorios e centros culturais. Trátase do filme infantil de animación A elefanta do mago. Será ás 19.00 horas. Organiza o Concello de Outes, a través da súa Área de Cultura.
A elefanta do mago (2023) é un filme norteamericano de Wendy Rogers, Cóntanos a historia de Peter, que busca á súa irmá Adel, desaparecida hai moito tempo. Cando se cruza cunha adiviña na praza do mercado, só ten unha pregunta en mente: segue viva a súa irmá? A resposta (que debe atopar unha misteriosa elefanta e ao mago capaz de conxurala) embarca a Peter nunha viaxe no que deberá completar tres tarefas que parecen imposíbeis e cambiarán a súa cidade para sempre. A elefanta do mago está baseada na novela clásica de Kate DiCamillo, gañadora de dous premios Jorge Newbery.




