O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o Polígono Industrial de Espiñeira no que se vén de executar un vial que conecta as dúas fases e que durante anos e que era unha demanda dos empresarios.
O Polígono Industrial de Espiñeria botou a andar no ano 1998 na súa primeira fase e non foi ata o ano 2009 cando se levou a cabo a súa ampliación cunha segunda fase. Unha ampliación que non se chegou a executar na súa totalidade, quedando pendente a execución dun vial que, aínda que estaba proxectado, non se chegara a realizar.
A execución dese vial foi unha das primeiras demandas que os empresarios con parcelas no polígono de Espiñeira trasladaron ao alcalde.
“Tras varios contactos coa empresa pública Xestur escoitouse a petición do goberno e púxose en marcha unha obra necesaria para rematar por fin este polígono industrial”, afirmou o alcalde.
O Concello de Boiro está neste momento coa elaboración do proxecto de ampliación do terreo industrial en Boiro, ao non contar na
actualidade xa con terreo industrial. “Non se entende que esta pequena obra estivese tantos anos parada, pero nunca é tarde e hoxe estamos satisfeitos co remate das obras que veñen a completar definitivamente este polígono industrial”, recoñece o alcalde.
“Boiro é unha vila puxante e actualmente a falta de terreo industrial é un obstáculo a este avance”, afirmou Romero que confía en que as distintas administracións atendan esta situación e o novo terreo industrial sexa unha realidade nesta lexislatura.




