A Marea de Noia critica que o proxecto para desdobrar o corredor Brión-Noia só chegue até Martelo

29 Decembro 2023

Ante o anuncio feito pola Xunta este 27 de decembro que marca o inicio dos trámites para o desdobre do corredor de alta capacidade comprendido entre as localidades de Noia e Brión (o proxecto da 1ª fase de conversión en autovía da vía de altas prestacións CG-1.5 que discorre entre as localidades de Brión e Noia, cun orzamento que rolda os 29 M€), A Marea de Noia emitiu un comunicado no que se critica o “incompleto dunha medida anunciada a escasos días das eleccións ao Parlamento Galego”, xa que, indican, “o curioso é que ese anuncio só afecta ao tramo Brión-Martelo, non chegando o mesmo ata a propia Noia”.

Dende A Marea poñen en cuestión “a capacidade de xestión do Goberno do PP na Xunta de Galicia, quen 14 anos despois de anunciar a licitación do proxecto non foi quen de dar un só paso adiante”. Agora, sinalan, “anuncian un parche que non da unha solución completa ao problema”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.