Aberta a consulta a primeira fase do proxecto para converter a vía de altas prestacións CG 1.5 (Brión-Noia) en autovía

27 Decembro 2023

A Xunta iniciou o trámite de consultas ambientais do proxecto da 1ª fase de conversión en autovía da vía de altas prestacións CG-1.5 que discorre entre as localidades de Brión e Noia. O procedemento foi aberto pola Consellería de Medio Ambiente e Territorio. Trátase de someter o proxecto a participación durante un mes, no marco do proceso de avaliación ambiental simplificada. O orzamento rolda os 29 M€, incluíndo o investimento necesario para as expropiacións de terreos.

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 quilómetros, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.

O obxectivo, sinalou a Xunta, “é converter en autovía o treito comprendido entre os quilómetros 11+640 e o 21+300, realizándose o desdobramento para a autovía cara ao lado esquerdo da vía de altas prestacións CG-1.5, polo que se manterá a estrutura actual ao situarse no lado contrario do carril lento. Isto favorecerá que se poida manter a funcionalidade durante o transcurso das obras”.

A Consellería tamén lembra que “durante a realización das obras desta vía en calzada única xa se tivo en conta a futura conversión en autovía, cun trazado axeitado”. Para iso na execución da vía de altas prestacións Brión-Noia realizáronse os movementos de terras principais da obra e os pasos superiores e inferiores, que non é necesario ampliar salvo no caso do paso inferior situado no quilómetro 11+990.

A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.

No marco das obras realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), “co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía”. Entre estas modificacións figura o retaluzado do desmonte existente na marxe esquerda en dirección Noia, “para obter o ancho necesario para a nova sección”. Ademais, ampliarase un paso inferior para adaptalo ao novo ancho da autovía.

Actualmente da vía de altas prestacións Brión-Noia conta con catro enlaces a distinto nivel: Urdilde, Martelo, Sampaio e Pontenafonso, e cun ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago. Os catro enlaces conservaranse, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Así os enlaces deste novo treito de autovía estarán en Urdilde, no punto quilométrico 15+400, a 3,4 quilómetros do anterior enlace en Brión; e en Martelo, no punto quilométrico 18+930 a 3,53 quilómetros do anterior enlace.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...