A comunidade de Amicos visita as lonxas de Aguiño e Cabo de Cruz ao abeiro do proxecto Bitácora

19 Decembro 2023

Para afondar nos coñecementos ancestrais do noso sector pesqueiro e marisqueiro e axudar a transmitilos, poñendo o foco na súa vertente máis sustentábel e respectuosa co medio, a comunidade de Amicos do Centro de Atención Integral de Boiro visitou este xoves e venres, 14 e 15 de decembro, as lonxas de Aguiño e Cabo de Cruz ao abeiro do proxecto Bitácora, financiado polo GALP Ría de Arousa a través da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Así, o xoves 14 de decembro os mozos e mozas achegáronse a Aguiño, en Ribeira, onde coñeceron da man dos mariscadores como é o día a día na lonxa, así como o traballo de separación e clasificación dos peixes e mariscos para a súa posterior venda. Ao longo da mañá, Manuel Ángel, mariscador e presidente da Confraría de Aguiño, fixo un oco para explicarlles como se desenvolve a poxa na lonxa e os segredos da pesca dos ourizos e percebes.

Ao día seguinte, o venres 15, foi a quenda de visitar a lonxa de Cabo de Cruz en Boiro. Alí a comunidade de Amicos puido afondar no funcionamento das nosas rulas e coñecer máis a fondo o proceso de pesca, separación e venda, en especial de moluscos bivalvos como as ameixas.

O obxectivo destas visitas foi coñecer en primeira persoa as técnicas de pesca que se levan a cabo no entorno do Barbanza da man de profesionais do sector pesqueiro, así como observar a importancia de respectar os ciclos naturais que garanten a sustentabilidade dos recursos mariños. Deste xeito, os amicos e amicas tiveron a oportunidade de ver o traballo que realizan coas limpezas e o coidado do ecosistema mariño e o seu efecto positivo no marisqueo e a pesca, e como este sector, á súa vez, leva a cabo prácticas para garantir que poidamos desfrutar do mar e os seus froitos, tanto no presente como de cara ao futuro.

Proxecto Bitácora

Esta iniciativa arrincou con estas xornadas para coñecer o funcionamento do distintos aspectos do sector pesqueiro da man de profesionais do mesmo. Coñecementos que a comunidade de Amicos aplicará en posteriores formacións de divulgación e sensibilización ambiental das zonas costeiras e espazos protexidos, así como na difusión sobre o patrimonio cultural vinculado ao sector pesqueiro e accións que buscarán valorizar os produtos pesqueiros da comarca.

Outros dos aspectos clave deste programa serán as sesións de sensibilización en centros educativos, xornadas de limpeza de praias e deseño de materiais gráficos e promoción in situ de produtos pesqueiros.

Ambas visitas encádranse no proxecto Bitácora, financiado polo GALP Ría de Arousa a través da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.