A Campaña de ‘Galicia sabe amar” chega a Porto do Son para enxalzar a saúde e a calidade de vida que aporta o consumo dos productos do mar

17 Decembro 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao
concello coruñés de Porto do Son, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. O titular de Mar, acompañado polo alcalde da localidade, Luís Oujo, sinalou que esta campaña tamén é unha forma de apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco e reiterou o apoio da Xunta de Galicia á promoción dos produtos pesqueiros galegos e a por en valor as súas propiedades nutricionais e gastronómicas para incentivar o seu consumo.
Alfonso Villares valorou moi positivamente o impacto desta iniciativa que está a piques de rachar a barreira das 400.000 persoas participantes de preto de 400 concellos galegos e de parte de España que puideron gozar dalgúns dos petiscos deseñados especialmente para esta campaña co mellor sabor do mar de Galicia. O responsable autonómico tamén resaltou a importancia de destacar o traballo e bo facer dos homes e mulleres do mar, auténticos artífices de que cheguen estes alimentos nutritivos e saborosos nas mellores condicións aos nosos pratos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.