“Triste Nadal para os mariscadores da ría de Noia”. Antón Luaces

18 Novembro 2023

Poucas esperanzas acubillan os mariscadores da ría de Noia sobre as posibilidades de recuperación da cría de berberecho, ameixa xapónica (a menos afectada) e a ameixa babosa. Os dous millóns de metros cadrados de areal sementados con cría destas tres especies están cubertos de cunchas valeiras, como barquiños quilla ao sol que, por fin, estes últimos días amosou a súa faciana nesta parte da costa galega.

Fontes da confraría de pescadores de Noia están espectantes por coñecer oficialmente o estado actual das crías que quedan no areal e, con  eses datos, realizar unha avaliación por parte da bióloga para estimar que futuro poden albiscar a respecto das xa próximas festas de Nadal. 

A expensas deste estudo, na confraría adiantan a este xornal do Barbanza que confían moi pouco. case que nada, en que de aquí en diante as espectatiavas podan mellorar porque é moito o destrago causado pola choiva incesante durante un mes seguido, o vento forte quer tamén prexudicou e, para completar o panorama, a apertura das comportas da mina que verte as súas augas -contaminadas, segundo as análises dos medioambientalistas- que engaden máis motivos para incrementar esa xa alta mortandade de marisco.

Esta é dun 70-80% da cría de berberecho, na estimación dos propios mariscadores; dun 50-60% da ameixa babosa, e dun 50% da ameixa xapónica, o que deixa pouca capacidade de resposta á demanda deste marisco nas sempre agardadas festas de Nadal, cando máis saída teñen ao mercado galego e estatal.

O banco marisqueiro é moi grande e haberá que agardar un prazo mínimo de quince días para realizar esa avaliación que permita un prognóstico máis acorde á realidade da ría; pero no seu interior, os mariscadores da ría noiesa non agardan resultadois positivos para as especies que cultivan e menos, obviamente, para a súa situación económica que, todo hai que dicilo, non é nada optimista. 

Sí chegou á ría a boa nova da revocación do uso de vertidos da auga da mina, o que garante -en teoría- que esta explotación non vai incrementar o dano que futuras chuvias -que seguramente volverán a afectar esta zona marisqueira do Barbanza- podan ensombrecer aínda máis  o futuro inmediato e a medio prazo dos areais e o marisco que poda quedar nel.

Outros artigos

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.