“Os mariscadores galegos demandarán a declaración de zona catastrófica pola choiva”

22 Novembro 2023

As expectativas xeradas coa semente na rías de Arousa e Muros-Noia de berberecho e ameixa (babosa e xapónica, esta especie máis resistente entre os bivalvos) caen coma castelos de area: o marisco que non morreu xa, está a morrer. 

As expectativas de futuro son practicamente nulas porque “morreu a nova xeración de ameixa e berberecho. Só se pode falar de futuro, cun pouco de sorte a partir de 2025”. 

É a opinión de moitos mariscadores das máis importante zonas produtivas de marisco de cuncha da Comunidade Autónoma de Galicia: as citadas rías de Arousa e Muros-Noia, nas que se investiron importantes cantidades de recursos económicos, e que deberán ser recoñecidas como zona catastrófica pola Xunta e indemnizar aos milleiros de mariscadoras e mariscadores afectados polos temporais de auga e vento do sur que, durante todo un mes, provocaron perdas irreparables na cría dese marisco.

Para o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez, o vento do sur que afectou ás rías non permitiu que estas desaloxaran ao mar a auga acumulada, e a inmersa cantidade de choiva acumulada nelas fixo que a salinidade baixara de xeito tan notable que a ameixa e o berberecho morrera a eito. O mesmo pasou, afirma o presidente dos pósitos galegos, coa centola. Esta, aínda sendo abundante, morreu de xeito alarmante no mar e mesmo morre nos barcos após ser capturada.

Na ria de Arousa o marisqueo a pé apenas existe. E a ameixa abunda en areais como os de Cabo de Cruz, Rianxo, A Pobra e Ribeira, mentres que o berberecho é máis abundante na ría de Noia. É o motivo esencial da morte destas especies pola baixa salinidade nas augas da ría. Xa se constatou que esa salinidade é actualmente do 29% no fondo (cando o normal sería do 30 ou 35%), mentres que en superficie (ata 1,5 metros desta) ese grao de salinidade non supera o 14%. 

A situación aínda é pior na ría de Noia, prexudicada por se fora pouco polos vertidos mineiros, o que en conxunto da unha mortandade moi superior á rexistrada na rñia de Arousa.

No tocante á centola, houbo días nos que se rexistraron capturas dun total de 5.000 a 6.000 quilos, pero a maioría dos exemplares estaban mortos. A todo elo hai que engadir os baixos prezos da súa cotización por causa do seu estado en moitos casos pouco aparente.

O vindeiro sábado vai reunirse a executiva da Federación Galega de Confrarías, que abordará entre outras cuestións, a formulación á Xunta de que o marisqueo sexa considerado igual que o sería calquera outro sector produtivo zona catastrófica, dada a altísima dependencia que nas devanditas rías de  Muros-Noia e Arousa existe do marisqueo.

Sendo a desalinización do mar un mal xeralizado nas costas de Galicia por mor da constante e forte choiva rexistrada día e noite durante máis dun mes, resulta evidente que son as rías, polas súa especiais características ou morfoloxía, as que resultan especialmente danadas nas súas explotacións marisqueiras. 

En mans do goberno galego está agora contribuír a resolver un problema que supera con moito a capacidade de resolución dos mariscadores e as súas organizacións.     

Outros artigos

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.