O PSOE de Lousame celebra a licitación da mellora da estrada provincial DP-1105, nas súas palabras “unha demanda histórica”

08 Novembro 2023

O PSdeG-PSOE de Lousame celebrou a licitación por parte da Deputación da Coruña das obras de mellora da estrada provincial DP-1105, que une Noia, Lousame e Boiro. Estes traballos teñen un orzamento previsto de 923.074 euros.

A voceira socialista en Lousame, Ana Domínguez, sinalou que a mellora desta estrada “é unha demanda histórica, particularmente do noso municipio”. Considera que a obra “vai cumprir por fin con esta demanda”, polo que agradece á Deputación e ao seu presidente Valentín González Formoso “o seu compromiso coa veciñanza de Lousame e da comarca en xeral”.

Domínguez engadiu que o tramo da DP-1105 sobre o que se executarán as obras de mellora da seguridade e renovación do pavimento “ten moito tráfico en ambos sentidos, especialmente polo movemento de traballadores e traballadoras de sectores como o da industria conserveira, polo que é o máis perigoso actualmente”.

E dixo: “A estrada ten moitas necesidades, de feito, anteriormente pediuse tamén o seu traspaso á Xunta, dado o seu carácter prioritario”, sinala a socialista. “Agora, estas necesidades por fin serán resoltas”, apunta, engadindo que “esta licitación prodúcese logo de completar a renovación da estrada nos seus primeiros 5,5 quilómetros, correspondentes ao concello de Noia, e afectará agora ao tramo que vai ata o quilómetro 13 da vía, localizada nos termos municipais de Lousame e Boiro”.

Os traballos suporán a renovación da plataforma da vía, a roza das marxes, a apertura e limpeza de beiravías e cunetas, o pintado das marcas viarias, bordes e pasos de peóns, e a renovación da sinalización horizontal. Con esta actuación, a Deputación suma 1,5 millóns de euros de investimento para completar a mellora integral da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.