A Deputación licita por 923.000 euros a segunda fase das obras de mellora da DP-1105 que une os municipios de Noia, Boiro e Lousame

08 Novembro 2023

A Deputación da Coruña informou da licitación da segunda fase das obras de mellora da DP-1105. Fíxoo, concretamente, nove días despois de que o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciara en Noia, na compaña do alcalde Santiago Freire, que a institución provincial continuaría coas obras de mellora da seguridade e renovación do pavimento da dita estrada provincial, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro.

As obras da segunda fase do proxecto acaban de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado cun orzamento previsto de 923.074 euros.

Tras completar a renovación do firme da estrada nos primeiros 5,5 quilómetros, que atravesan o termo municipal de Noia, a Deputación da Coruña continuará agora os traballos de mellora ata o quilómetro 13 da dita vía, nos termos municipais de Lousame e Boiro.

Os traballos, informa a institución provincial, “suporán a renovación da plataforma da estrada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor”.

Inclúese tamén a roza das marxes, a apertura e limpeza das beiravías (arcéns) e cunetas, o pintado das marcas viarias, bordes e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal.

Con esta nova actuación, a Deputación suma 1,5 millóns de euros de investimento para completar a mellora integral dunha estrada que Formoso definiu como “fundamental para a vertebración das comunicacións da comarca de Barbanza” e que rexistra un importante volume de tráfico diario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.