O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Carreira

15 Novembro 2023


O equipo de Goberno local de Ribeira mantivo este martes 14 de novembro unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura de Carreira na que foron abordados distintos temas que afectan e preocupan aos residentes da parroquia.

Fotos de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira) da reunión mantida en Carreira


Durante o encontro abordáronse cuestións relativas ás infraestruturas e servizos públicos e tamén asuntos sociais e culturais que teñen pegada na calidade de vida das persoas residentes en Carreira. A reunión foi tamén unha oportunidade para debater coa veciñanza sobre proxectos como o centro de acollida proxectado para Carreira ou os traballos previstos para suavizar a curva da Muiñeira.

Os integrantes do Goberno municipal recoñeceron que están a realizar reunións coa veciñanza de distintos barrios e parroquias
co propósito de mellorar a xestión local e incrementar participación cidadá. “Os encontros que estamos a realizar nas parroquias son fundamentais para promover a transparencia gobernamental e abordar de xeito efectivo as necesidades específicas de cada comunidade”, explicou o alcalde Luís Pérez.

Estes encontros, engadiu, representan unha plataforma para fomentar o diálogo aberto e construtivo entre o Goberno local e os cidadáns, co propósito de “crear políticas máis inclusivas”. Desta maneira, veciñanza de Carreira tivo a oportunidade de expresar as súas inquietudes, suxestións e propostas. Os representantes do Goberno tomaron nota das inquietudes expostas e comprometéronse a traballar en conxunto coa comunidade para buscar solucións efectivas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.