O Concello de Ribeira conmemora o Día Mundial da Diabetes xunto a Asociación Anedia

14 Novembro 2023

O Concello de Ribeira conmemorou este 14 de novembro o Día Mundial da Diabetes xunto a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia. Anedia traballa pola prevención da enfermidade dende a educación e a defensa dos dereitos das persoas que sofren esta doenza coa finalidade de conseguir a súa plena integración escolar, laboral e social.

A presidenta, María José Rego, achegou unha pancarta que estará pendurada do balcón do Concello co propósito de amentar visibilidade á enfermidade.

A Asociación fixo ademais doazón á Biblioteca Municipal de Ribeira dunha edición de libros educativos dos Bolechas sobre a Diabetes. A concelleira de Educación Cruz Rivadulla fará un reparto polos centros educativos municipais co propósito de “crear conciencia sobre a importancia da prevención e informar a tódolos rapaces e rapazas sobre os factores de risco”.

Pola súa banda, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, destacou o traballo da asociación e reafirmou o seu compromiso de seguir traballando para visibilizar a enfermidade, “fundamental para avogar polo acceso equitativo á atención médica e os recursos necesarios para o manexo efectivo de diabetes.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.