O domingo irase debilitando a influencia anticiclónica progresivamente. Así, amenceremos con intervalos de nubes medias e altas . Co avance da tarde os ceos iranse cubrindo polo oeste e á noite chegarán as nubes baixas con orballos na franxa atlántica. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos ou lixeiros ascensos mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos irán cambiando de dirección ao longo do día: comezarán moi frouxos de compoñente leste para acabar soprando do suroeste ao final do día.

O noso mar: Vento do sueste á mañá, variable á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



